Résumé
Neste artigo analízanse algunhas transformacións contemporáneas do método etnográfico. Máis concretamente, abórdanse os métodos etnográficos experimentais, que alimentan a imaxinación etnográfica en contextos cambiantes. En perspectiva crítica e reflexionando ao redor da produción situada de coñecemento no traballo de campo, preséntase o paradigma da colaboración como un signo característico das etnografías experimentais. Finalmente, a través da análise de casos de campo concretos e da revisión dun conxunto de aproximacións teóricas e metodolóxicas diversas, proponse a etnografía itinerante como unha forma de experimentación espazo-temporal no terreo. O desprazamento físico que propón a etnografía itinerante, e a súa relación coa (in)mobilidade, permítenos reflexionar sobre a transformación ética e política dos métodos etnográficos experimentais en movemento.

Ce travail est disponible sous licence Creative Commons Attribution - Pas d’Utilisation Commerciale - Partage dans les Mêmes Conditions 4.0 International.
© La Universidad de Sevilla se reserva todos los derechos sobre el contenido de las revistas científicas tuteladas por su editorial. Los respectivos textos no pueden ser utilizados, distribuirse, comercializarse, reproducirse o transmitirse por ningún procedimiento informático, electrónico o mecánico con ánimo de lucro, directo o indirecto, ni tampoco incluirse en repositorios ajenos, sin permiso escrito de la Editorial Universidad de Sevilla. La distribución de estas obras derivadas se debe hacer con una licencia igual a la que regula la obra original y podrán ser usados y citados para fines científicos y referenciados con transformación para usos académicos, indicándose en todo caso la autoría y fuente, pudiendo para ello remitir al correspondiente enlace URL de Internet 2023
